O Banco de Alimentos é unha organización solidaria que recibe alimentos doados e os clasifica para que despois, as persoas máis necesitadas da cidade poidan acudir a recollelos.
O día 12 de maio de 2025 visitamos aos nosos compañeiros e compañeiras desde 5º de Primaria ata 4º da E.S.O. Alí, nas súas aulas, explicámoslles o que era o Banco de Alimentos e como funciona. Fixemos algúns xogos con eles e tamén puxemos algún video.
Tamén explicámoslles que o colexio colabora con esta iniciativa facendo unha recollida cada ano. Este ano, comezou o 12 de maio e rematará o 2 de xuño.
A preferencia nas doacións é que sexan productos non perecedeiros, é dicir, que tarden en caducar, como por exemplo: arroz, pasta, garabanzos, alubias, aceite, vinagre, galletas, cereales, conservas, comida envasada ao vacío…
Moitas empresas ou supermercados doan algúns dos seus produtos aos bancos de alimentos.
¡COLABORA!



