En maio conmemoramos as Letras Galegas rendendo homenaxe á gran Begoña Caamaño.
Os nosos alumnos e alumnas aprenderon moitísimo sobre a nosa tradición e mergulláronse na vida da autora. Se seguistes as nosas redes sociais, xa vistes parte do proceso, pero nesta noticia queremos mostrar unha actividade concreta feita en primaria.
En 2º creamos un “Tendal biográfico” onde cada peza de roupa recolle datos da biografía de Begoña.
Pero a cousa non quedou aí, porque os alumnos de 6º encheron o seu propio tendal co noso patrimonio verbal máis querido. Frases moi nosas e verbas cheas de esencia colgan hoxe dos nosos corredores para recordar o moito que amamos a nosa lingua.
Unha forma creativa de tender cultura nos corredores do colexio.



