Para nós, o Entroido non é só unha festa, senón unha oportunidade para que o noso alumnado coñeza e comprenda a orixe das tradicións e costumes que forman parte da nosa cultura.
Ao longo da semana do 9 de febreiro viaxamos por distintos lugares de Galicia descubrindo a súa historia e os seus personaxes máis emblemáticos.
Recibimos tamén a visita de familias que compartiron as súas historias e experiencias cos traxes tradicionais e participamos en obradoiros cheos de creatividade.
O alumnado de Infantil sorprendeunos cada día cos seus mandadiños e hoxe puxemos o broche final cos tradicionais desfiles nos que Infantil e Primaria luciron auténticas creacións feitas na casa realmente espectaculares.
Rematamos a xornada compartindo unha doce merenda cos sabores típicos destas datas.


































