En maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º EI acudiron ao teatro Fundación Abanca para ver a obra “E entón, un xardín”. Neste espectáculo, o xardín converteuse nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos .
Iniciamos deste xeito aos nosos alumnos no mundo do teatro e fomentamos unha actitude positiva cara a literatura infantil. Cremos que esta saída resultou moi interesante e formativa para o noso alumnado.





