O alumnado de 4º infantil festexou o día das Letras Galegas, para homenaxear ás Cantareiras, mediante varias actividades nas que coñeceron o poema popular “A saia da Carolina”
A saia da Carolina ten un lagarto pintado.
Cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo.
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.
Bailei con meu amor.
Bailei con meu amor.
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Os nenos aprenderon a canción, a bailaron e decoraron a súa entrada ás aulas con banderíns cos que conmemorar un día especial para a nosa lingua galega.


