O XXXIV Concurso Ciencias Sociais Maratón de Preguntas do ano 2026 ten finalizado. Sentímonos orgullosos de levalo adiante logo dun infortunado 2025 no que non se poido realizar. Sen a participación da ANPA, do profesorado e, por suposto, do alumnado tería sido imposible. Mil grazas a todos.
O impulso que nos move é o desexo de investigar, aprender, coñecer diferentes realidades que teñen que ver, basicamente, coa Historia, a Xeografía e Arte. Viaxamos no espazo e no tempo. Cada pregunta e resposta podería dar lugar a un libro, artigo de revista, biografía, ensaio, debate…como na pregunta da I Categoría (Primaria) número 21: Onde está enterrado Luis de Lucena, plebeio que mandou construir unha capela renacentista singular en Guadalajara? A Capela deste humanista debía acoller seus restos ao morrer, pero faleceu en Roma e está enterrado na igrexa de Santa María del Popolo (resposta correcta). Por certo, paga a pena visitar esa igrexa romana. Vola recomendo maiormente polas pinturas de Caravaggio!!!
A meirande parte das preguntas, empero, teñen unha resposta máis doada de atopar como por exemplo a correspondente á II Categoría (1-2-3 ESO) no apartado de Pasapalabra: Por D: País do Caribe que ten por capital a Roseau cuxa resposta era Dominica. Por certo, este país e Nicaragua comparten a rara cor morada entre as bandeiras do mundo (únicos dous países no estudo destes símbolos e que recibe o nome de vexiloloxía).
Destacamos na III Categoría (4ºESO e Bach.) esta fotografía ben cercana, na cidade de Vigo, e que so un participante conseguíu localizar en Canadelo Baixo ou na rúa Eira (na parte de abaixo de Vialia, antes de chegar a García Barbón). Teño que clarexar que na pregunta 14 desta categoría dos máis maiores do Colexio que dicía Líder do carlismo durante duas décadas e que morreu no mesmo ano que Franco, opoñéndose a este cando o Decreto de Unificación, a resposta acertada é Fal Conde, que morreu no 1975. Non Javier de Borbón-Parma falecido dous anos despois.
Podedes consultar o solucionario do Concurso e a lista de premiados. So o primeiro premio de cada una das categorías recolle o mesmo na Gala de entrega de Premios que ten lugar o 23 de abril. Ao resto, entregaráselles na aula. Moitas grazas a todos e todas e vémonos no Concurso XXXV no 2027!!!



